Concesión de Subvencións a asociacións deportivas para súa participación en competicións nacionais e internacionais
A presente convocatoria ten por obxecto regular o procedemento para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para fomentar a práctica deportiva a través da participación en competicións oficiais.
Poderán solicitar as subvencións reguladas na presente convocatoria: as asociacións e entidades deportivas privadas, validamente constituídas, sen ánimo de lucro, e adaptadas ás disposicións da Lei 3/2012, de 2 de abril, do deporte de Galicia, que teñan o seu domicilio social no Concello de Pontevedra, que participen en competicións deportivas oficiais.
O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días naturais a contar dende o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra da convocatoria da subvención.
Para máis información consulta o seguinte enlace:https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2025/11/05/2025072228




Comments