O Concello de Lourenzá convoca unha praza de administrativo/a interino/a e crea bolsa de emprego
O Concello de Lourenzá abre unha convocatoria para cubrir 1 praza de administrativo/a funcionario/a interino/a, mediante o sistema de oposición libre, ademais da creación dunha bolsa de emprego para futuras necesidades de persoal na mesma categoría.
Requisitos principais
As persoas aspirantes deberán:
-
Ter nacionalidade española ou outra admitida para o acceso ao emprego público.
-
Posuír Bacharelato, F.P. de Técnico/Técnico Superior ou titulación equivalente.
-
Acreditar o coñecemento de lingua galega (CELGA 4) ou realizar a proba correspondente.
-
Non estar separadas do servizo de ningunha administración pública.
-
Ter cumpridos 16 anos e non exceder a idade de xubilación.
-
Aboar a taxa de 37,38 € en concepto de dereitos de exame.
As persoas con diversidade funcional poderán solicitar adaptacións nas probas, achegando a documentación acreditativa.
Presentación de solicitudes
A solicitude deberá presentarse:
-
No Rexistro Xeral do Concello de Lourenzá, ou
-
A través da Sede Electrónica
É necesario presentar a instancia, documento de identidade e, se procede, acreditación do CELGA e demais documentación indicada.
Prazo
O prazo de presentación é de 10 días hábiles, contados dende o día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Máis información
As bases completas están dispoñibles no BOP de Lugo (Px 5) .




Comments