Skip to main content

O Concello de Entrimo convoca unha praza de técnico/a forestal como funcionario/a interino/a por programas

O Concello de Entrimo publicou a convocatoria para a selección dunha praza de técnico/a forestal, en réxime de funcionario/a interino/a por programas, destinada á execución de proxectos vinculados á transformación territorial e á loita contra a despoboación – Entrimo 2030.

O contrato terá unha duración máxima de 12 meses ou ata o 31 de decembro de 2026, cunha xornada completa e adscrición á escala de Administración Especial, grupo C/C2.

O sistema de selección será mediante concurso-oposición, respectando os principios de igualdade, mérito, capacidade, publicidade e transparencia. Ademais, a convocatoria inclúe a creación dunha bolsa de emprego para futuras contratacións temporais no mesmo posto.

As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Entrimo ou a través dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, no prazo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP Ourense).

Entre os requisitos esíxese estar en posesión de titulación en grao básico, medio ou superior forestal (ou equivalentes), permiso de conducir tipo B e coñecemento da lingua galega, acreditable mediante o Celga 2 ou superior.

As bases completas e o modelo de solicitude poden consultarse na sede electrónica do Concello de Entrimo e no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

📎 Máis información: Sede electrónica do Concello de Entrimo

Comments