Bolsas para persoas con talento deportivo en Lugo
Requisitos
Poderán solicitar as bolsas deportistas federados/as nados/as entre 2006 e 2011 (sen límite de idade no caso de persoas con discapacidade), empadroados/as no Concello de Lugo e con resultados destacados en Campionatos de Galicia ou España na tempada 2024. Será necesario estar ao corrente das obrigas tributarias e non superar o Salario Mínimo Interprofesional.
Contía
A convocatoria conta cun crédito total de 26.000 €. A contía individual resultará da puntuación obtida segundo os méritos deportivos e non poderá superar os 1.500 € por persoa.
Prazo
O prazo de presentación será de 10 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Solicitudes
As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Lugo ou polos medios previstos na Lei 39/2015. Xuntarase a documentación requirida nas bases, incluíndo certificado federativo acreditativo dos resultados deportivos.
Máis información
As bases completas e modelos de solicitude están dispoñibles en:
https://concellodelugo.gal/gl/tramites/subvencions-para-persoas-con-talento-deportivo
e no BOP de Lugo Px 3




Comments