Subvencións para os investimentos culturais realizados por corais polifónicas, bandas municipais e outras entidades de música e baile popular galego na provincia.
Serán obxecto de subvención neste programa unicamente aqueles investimentos necesarios para o mellor desenvolvemento de proxectos e actividades culturais na provincia da Coruña por parte de entidades sen fins de lucro (incluídas as cooperativas) que teñan corais, bandas de música, grupos de baile e/ou música tradicional, ou formacións musicais de grande formato (orquestras sinfónicas e de cámara).
Poderán solicitar subvencións neste programa as entidades sen fins de lucro (incluídas as cooperativas) que teñan corais, bandas de música, grupos de baile e/ou música tradicional, ou formacións musicais de grande formato (orquestras sinfónicas e de cámara), legalmente constituídas e con domicilio fiscal na provincia da Coruña que cumpran os requisitos desta convocatoria.
O prazo de presentación de solicitudes determinarase na convocatoria, que se publicará no BOP, por conduto da Base de Datos Nacional de Subvencións.
Para máis información consulta o seguinte enlace:https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/11/07/2025_0000007324.html




Comments