Subvencións a asociacións protectoras de animais domésticos da provincia da Coruña
Obxecto
A Deputación da Coruña convoca o Programa de subvencións a asociacións protectoras de animais domésticos da provincia para financiar actividades de protección e coidado de animais durante o ano 2026.
Beneficiarios
Poderán solicitar estas axudas as entidades sen ánimo de lucro legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía, con sede ou oficina permanente na provincia da Coruña.
Importe
A convocatoria conta cun orzamento total de 100.000 €.
O importe das subvencións irá de 2.000 a 20.000 €, podendo cubrir entre o 20 % e o 80 % dos gastos subvencionables.
Actividades subvencionables
Serán obxecto de axuda os gastos en actividades de recollida, atención e coidado de animais de compañía, especialmente cans e gatos, realizadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2026.
Solicitudes e prazo
As solicitudes deberán presentarse a través da plataforma SUBTeL da Deputación da Coruña, no prazo que se estableza na convocatoria publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS).
Máis información
Bases completas e formularios dispoñibles na sede electrónica da Deputación da Coruña




Comments