Skip to main content

Novas ofertas de emprego para persoas con discapacidade nas comarcas de Santiago, Vilagarcía, Xallas e Fisterra

O servizo Portalento difunde novas ofertas de emprego dirixidas a persoas con certificado de discapacidade igual ou superior ao 33%, con vacantes en diferentes localidades galegas, especialmente nas comarcas de Santiago, Vilagarcía, Xallas e Fisterra.

Entre as ofertas dispoñibles destacan:

  • Persoal de limpeza de oficinas en Santiago de Compostela
    Contrato por interinidade, 30,5 horas semanais, salario 940 €/mes.
    Máis información

  • Titor/a de itinerario - Coordinador/a territorial en Santiago
    Contrato indefinido a xornada completa, salario anual 27.526,74 €.
    Máis información

  • Técnico/a orientador/a especialista en violencia de xénero en Santiago
    Contrato por interinidade, salario ata 24.000 €/ano.
    Máis información

  • Operario/a de manipulado en Padrón
    Dous postos, turnos rotativos, salario segundo SMI.
    Máis información

  • Operario/a lavacoches en Santiago e Milladoiro
    Posibilidade de media xornada ou completa, salario aprox. 1.260 €/mes.
    Máis información

  • Persoal de limpeza hospitalaria en Santiago
    Xornada completa en quendas, salario 1.100 € netos + complementos.
    Máis información

  • Persoal de limpeza e reposición en supermercado de Cee
    Contrato estable, incorporación inmediata.
    Máis información

  • Limpiador/a para oficinas en Carnota
    17,5 horas semanais, contrato por substitución.
    Máis información

As persoas interesadas deben estar inscritas como demandantes de emprego (DARDE) e rexistradas como candidatas en Portalento.
📞 Teléfono de contacto: 981 55 44 83

👉 Consulta todas as ofertas en Portalento

Comments