Skip to main content

O Concello de Laxe contrata un/ha empregado/a administrativo/a a través do programa de Garantía Xuvenil

O Concello de Laxe vén de aprobar, mediante Resolución de Alcaldía nº 855/2025 do 7 de novembro de 2025, as bases da convocatoria para a selección e contratación laboral temporal dun/ha empregado/a administrativo/a, subvencionado/a pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, ao abeiro do programa de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (TR350E).

A contratación realizarase mediante concurso-oposición e terá unha duración de 9 meses, previa preselección das persoas candidatas pola oficina de emprego de Carballo, que será a encargada de xestionar a oferta e remitir a listaxe de aspirantes.

As bases completas da convocatoria están dispoñibles no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal do Concello de Laxe.

Comments