Skip to main content
asociacions

O Concello de Malpica de Bergantiños convoca axudas ás entidades sen ánimo de lucro para o fomento da cultura 2025

O Concello de Malpica de Bergantiños publicou no Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 11 de novembro de 2025 as Bases Reguladoras da convocatoria de axudas destinadas ás entidades sen ánimo de lucro para o fomento da cultura no ano 2025.

O obxectivo destas axudas é apoiar ás entidades culturais locais no desenvolvemento e mantemento das súas actividades culturais, así como na organización de programas e proxectos que contribúan á promoción da cultura, o patrimonio e as tradicións propias do municipio e da Costa da Morte.

A convocatoria comprende dous programas:

  • Programa de Promoción Cultural, dotado con 17.000 euros.

  • Programa de Promoción das Foliadas, dotado con 3.000 euros.

O crédito total asignado ascende a 20.000 euros con cargo ao orzamento municipal do ano 2025. As entidades poderán solicitar ata 4.000 euros no programa de Promoción Cultural e ata 2.000 euros no de Promoción das Foliadas.

As solicitudes deberán presentarse a través do Rexistro Electrónico municipal (https://sede.malpicadebergantinos.es) no prazo de 10 días naturais contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no BOP.

Poderán optar ás axudas as entidades culturais e educativas sen ánimo de lucro, legalmente constituídas, que teñan sede e desenvolvan a súa actividade no ámbito do Concello de Malpica de Bergantiños, e estean inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións.

As actividades subvencionables inclúen, entre outras:

  • Formación e promoción en música, teatro, danza e outras artes escénicas.

  • Promoción das artes plásticas, literarias, audiovisuais e tradicionais.

  • Posta en valor do patrimonio histórico, artístico e natural do municipio.

  • Fomento do uso da lingua galega e das tradicións locais.

  • Celebración de foliadas no termo municipal.

As bases completas poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 11 de novembro de 2025.

Comments