Skip to main content

O Concello de Curtis convoca unha praza temporal de empregado/a de información ao usuario para persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

O Concello de Curtis vén de aprobar, mediante Decreto da Alcaldía número 703/2025 de data 07/11/2025, as bases do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dunha persoa moza inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, destinada ao posto de empregado/a de información ao usuario.

O prazo de presentación de instancias será de 3 días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación deste anuncio.

As bases íntegras da convocatoria poden consultarse na páxina web municipal www.curtis.gal.

Comments