Skip to main content
deporte

Axudas ás familias de Ortigueira para a adquisición de material escolar e deportivo curso 2025-2026

O Concello de Ortigueira aprobou, mediante resolución da Alcaldía nº 2025-1120 de 3 de novembro, as bases reguladoras para a concesión de axudas ás familias destinadas á adquisición de material escolar e deportivo para o alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil, Primaria e ESO durante o curso 2025-2026.

Estas axudas, dotadas cun orzamento total de 40.000 euros, teñen como obxectivo promover a igualdade de oportunidades no acceso á educación e compensar os gastos derivados da escolarización das nenas e nenos de Ortigueira. Cada axuda consistirá nun vale de 100 euros canxeable nos establecementos do municipio adheridos ao programa.

Requisitos principais

Poderán optar a estas axudas as familias empadroadas no Concello de Ortigueira con, polo menos, dous anos de antigüidade, e que teñan fillas ou fillos matriculados en segundo ciclo de Educación Infantil, Primaria ou ESO no curso 2025-2026. Ademais, deberán cumprir os límites de renda familiar establecidos nas bases, que varían en función do número de integrantes da unidade familiar.

Prazos de solicitude

  • 📅 Do 17 ao 28 de novembro de 2025.
    As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Ortigueira, acompañadas da documentación requirida nas bases.

Establecementos adheridos

Os comercios interesados en participar como entidades colaboradoras poderán solicitar a súa adhesión no prazo de 15 días dende a publicación do anuncio no BOP. A relación final de establecementos publicarase na sede electrónica do Concello.

Máis información

As bases completas poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP nº 217, do 12 de novembro de 2025) e na sede electrónica do Concello de Ortigueira.

Comments