Convocatoria de subvencións para actividades culturais no Concello de Ribeira
O Concello de Ribeira publica a convocatoria de subvencións e axudas públicas destinadas a entidades e asociacións de carácter cultural sen ánimo de lucro, co obxectivo de fomentar, apoiar e impulsar a actividade cultural durante o exercicio 2025.
Beneficiarios:
Entidades e asociacións culturais sen ánimo de lucro radicadas no Concello de Ribeira.
Obxecto:
Establecer os criterios e o procedemento para a concesión de subvencións, de acordo cos principios de obxectividade, concorrencia competitiva e publicidade.
Bases reguladoras:
Ordenanza reguladora do programa de subvencións para entidades sen ánimo de lucro, publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña o 29 de maio de 2018.
Orzamento:
O orzamento global da convocatoria é de 18.000 €.
Periodo elegible:
As subvencións diríxense a actividades culturais que se desenvolvan durante o exercicio 2025.
Prazo de presentación de solicitudes:
O prazo será dun mes a partir do día seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia.
O texto completo da convocatoria está dispoñible na Base de Datos Nacional de Subvencións: https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/867335




Comments