Concurso para cubrir 3 prazas de Xuez/a de Paz Substituto/a
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anuncia a convocatoria pública para cubrir as prazas de Xuez/a de Paz Substituto/a en:
➡️ Concello de Ares (A Coruña).
➡️ Concello de Porto do Son (A Coruña)
➡️ Concello de Moeche (A Coruña)
Prazo de presentación: 15 días hábiles desde a publicación do edicto no Boletín Oficial da Provincia.
Documentación necesaria:
-
Certificado de nacemento ou fotocopia do D.N.I.
-
Certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes. O solicitante autoriza ao Tribunal, segundo o artigo 28 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, para a súa consulta, a menos que indique expresamente o contrario.
-
Declaración complementaria segundo o artigo 2.1 da Lei 68/1980, sobre non estar inculpado nin procesado.
-
Justificación de méritos alegados.
-
Profesión actual.
Presentación de solicitudes:
-
Por correo electrónico: secretariagoberno.tsxg@xustiza.gal
-
Ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015.




Comments