Skip to main content
EXXUVCRE25

Exposición Xuventude Crea

A exposición do certame Xuventude Crea coas obras finalistas nas especialidades de Moda e Deseño de xoias estará do 18 de novembro ao 2 de decembro na Igrexa da Universidade e poderá ser visitada de balde en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas, agás os domingos e festivos.

Xuventude Crea é un programa organizado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para recoñecer a mocidade galega máis creativa en 16 disciplinas diferentes.

Este programa tamén serve de plataforma para visibilizar o talento da mocidade galega, exposta nun museo dixital propio.

 

Comments