O Concello de Santa Comba aproba as bases para a contratación dun/ha peón/peoa ao abeiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
O Concello de Santa Comba (A Coruña) vén de aprobar, mediante decreto da Alcaldía, a convocatoria e as bases que rexerán o proceso selectivo para a contratación dun/ha peón/peoa (grupo de cotización 10) dirixido a persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Esta contratación está subvencionada pola Xunta de Galicia.
As bases da convocatoria están dispoñibles no taboleiro de edictos da Casa Consistorial, así como de maneira complementaria na páxina web municipal. Ademais, poderán solicitarse no departamento de Recursos Humanos ou no Rexistro Municipal.
As persoas interesadas deberán estar inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, organismo encargado de xestionar a oferta e remitir as candidaturas ao Concello. Así mesmo, é requisito imprescindible que as persoas mozas estean inscritas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil dentro do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.




Comments