Convocatoria para a contratación dun/dunha operario/a de servizos básicos no Concello de Vimianzo
O Concello de Vimianzo vén de aprobar, mediante Resolución de Alcaldía nº 1708/2025 de data 11/11/2025, as bases que rexerán o proceso selectivo para a contratación dun/dunha operario/a de servizos básicos, a través dun sistema de concurso-oposición.
Esta contratación está subvencionada ao abeiro da Resolución de Concesión de Subvención, asinada o 28/10/2025 polo Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. A axuda concédese ao amparo da Orde do 13 de agosto de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais, e cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
As bases completas poden consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Vimianzo:
👉 https://sede.vimianzo.gal
O prazo de presentación de solicitudes será o establecido na base 5ª da convocatoria.




Comments