Skip to main content
axudas

Convocatoria de axudas a entidades sen ánimo de lucro para cultura e deporte 2025

Obxecto
Convócanse axudas económicas para a promoción de actividades culturais e deportivas en Neda durante o ano 2025. Non se subvencionan viaxes de ocio, actividades confesionais, festas sen tradición cultural ou gastos de manutención.

Solicitantes
Poderán optar persoas físicas, asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro, preferentemente con actividades no termo municipal de Neda. Deben estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e estar ao corrente das obrigas fiscais co Concello.

Documentación

  • Instancia individualizada asinada polo representante.

  • Programa ou memoria das actividades.

  • Orzamento detallado.

  • Acreditación documental ou fotográfica das actividades (se procede).

  • Certificación de cargos e domicilio, estatutos e CIF (se non están no rexistro municipal).

  • Declaración de subvencións previas e certificación bancaria.

Prazo
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Neda en 20 días naturais desde a publicación da convocatoria no BOP.

Concesión e xustificación
A concesión corresponde á Xunta de Goberno Local. A xustificación das axudas debe presentarse en dous meses desde a concesión e, en todo caso, antes do 31 de marzo do ano seguinte.

Máis información

BOP

Comments