Axudas a salas privadas de artes escénicas 2026-2027
A Axencia Galega das Industrias Culturis anuncia no DOG a convocatoria de axudas a salas privadas de artes escénicas 2026-2027, que pasa a ter carácter bienal atendendo as necesidades a medio prazo destes espazos de exhibición de espectáculos.
A dotación increméntase ata os 430.000 euros, distribuídos ao 50% entre 2026 e 2027, e cada unha das beneficiarias poderá obter ata 75.000 euros por anualidade.
Poden optar a elas salas escénicas de xestión privada que, entre outros requisitos, teñan unha capacidade máxima de 150 localidades e acrediten un mínimo de 50 representacións en 2025.
Máis información:
https://industriasculturais.xunta.gal/gl/subvencions/salas-artes-escenicas-2026
DOG 19 de Novembro 2025
Sede Electrónica Xunta de Galicia CT402D




Comments