Skip to main content
VIPREVAPOXUGA25

VI Premios Valedora do Pobo

A Valedora do Pobo, en colaboración coa USC, a UDC e a UVigo, convoca a sexta edición dos premios Valedora do Pobo aos mellores traballos de fin de grao (TFG) e traballos de fin de máster (TFM) en materia de igualdade e dereitos das mulleres.

Requisitos:
-Os traballos deberán destacar polo seu elevado valor en materia de igualdade e dereitos das mulleres.
-Os dereitos sobre os traballos presentados non poderán estar cedidos a terceiros con carácter de exclusividade.
-Os traballos deberan ter sido lidos, defendidos ou xulgados e aprobados, segundo proceda, ante calquera universidade galega durante o curso académico 2024/25.
-Os traballos presentaranse en idioma galego ou castelán. No caso de que se presentaren en idioma distinto dos anteriores, deberá achegarse tradución.

As solicitudes axustaranse aos modelos de instancia que figuran como anexos I e II.
Coas solicitudes presentarase a seguinte documentación:
-Traballos de fin de grao (TFG) e traballos de fin de máster (TFM) en formato papel e en formato electrónico (CD ou pendrive en formato Word, Libreoffice ou LaTeX (anexo I).
-As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude unicamente a un dos premios.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de decembro.

Máis información:

https://www.valedordopobo.gal/publicacion-da-convocatoria-da-sexta-edicion-dos-premios-valedora-do-pobo/

 

 

Comments