Skip to main content

Láncara abre o prazo de solicitude para dúas prazas de funcionario de carreira

O Concello de Láncara publicou no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a convocatoria e as Bases Xerais e Específicas que rexerán dous procesos selectivos para cubrir prazas de persoal funcionario de carreira incluídas nas Ofertas de Emprego Público de 2022 e 2024.

As prazas convocadas mediante o sistema de concurso-oposición son as seguintes:

  • 1 praza de alguacil-porteiro

  • 1 praza de auxiliar administrativo

O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).

As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude a través da sede electrónica do Concello de Láncara (https://lancara.sedelectronica.gal) ou por outros medios admitidos na normativa vixente. Xunto coa instancia deberán achegar a documentación indicada nas bases, incluíndo DNI, titulación requirida, xustificante da taxa de exame e, no caso de ser necesario, acreditación de méritos ou grao de discapacidade.

As probas selectivas rexeranse polo disposto no Real Decreto Lexislativo 5/2015 e demais normativa aplicable ao emprego público, así como polas Bases Xerais e Específicas aprobadas polo Concello. Ademais, inclúese unha proba de coñecemento de galego para aquelas persoas que non acrediten o nivel requirido.

Toda a información relativa ao proceso —listas de admitidos e excluídos, datas das probas e sucesivas publicacións— estará dispoñible na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do Concello.

Comments