Skip to main content

Sober convoca un proceso selectivo para cubrir un posto de monitor/a de conciliación no CEIP Virxe do Carme

O Concello de Sober vén de anunciar a apertura dun proceso selectivo para cubrir un posto de monitor/a de conciliación no CEIP Virxe do Carme, mediante contratación laboral por substitución de persoal fixo discontinuo, con carácter indefinido ata a cobertura definitiva da praza. O posto terá unha dedicación do 50 % da xornada (20 horas semanais), en horario de luns a venres de 7.45 a 9.45 h e de 15.45 a 17.45 h.

Poderán presentarse as persoas que conten coa titulación de Diplomatura en Educación Infantil ou Grao Universitario equivalente.

O alcalde de Sober, mediante Decreto do 10/11/2025, dispuxo a apertura do prazo de presentación de instancias, que será de cinco (5) días naturais contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP).

As bases completas da convocatoria poden consultarse no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica municipal:
https://concellodesober.sedelectronica.gal/info.1

Así mesmo, todos os anuncios e actualizacións relativos ao proceso selectivo publicaranse nos mesmos taboleiros oficiais.

Contra esta convocatoria, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de reposición no prazo dun mes ou, alternativamente, recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, conforme á normativa vixente.

Comments