Skip to main content

O Concello de Xove abre a convocatoria para unha praza de Conserxe reservada a persoas con discapacidade

O Concello de Xove vén de publicar as bases específicas para a selección dunha praa de conserxe do Edificio de Usos Múltiples, como funcionario/a interino/a por vacante, ao abeiro do artigo 10.1.a) do TREBEP, durante o proceso para a súa cobertura definitiva (Posto 72 da RPT). A praza está reservada a persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e será provista mediante o sistema de concurso-oposición.

A Resolución de Alcaldía, datada o 13 de novembro de 2025, recolle as bases polas que se rexerá o proceso selectivo, que xa se atopan publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP nº 268, do 21/11/2025) e na Sede Electrónica municipal.

Principais características da praza

  • Denominación: Conserxe Edificio Usos Múltiples

  • Grupo: AP

  • Nivel: 12

  • Escala/Subescala: Administración Xeral – Subalterna

  • Xornada: Parcial, 22 horas semanais

  • Sistema de acceso: Concurso-oposición reservado a persoas con discapacidade

  • Funcións: As establecidas no posto nº 72 da RPT

Requisitos destacados

As persoas aspirantes deberán:

  • Ter nacionalidade española ou as condicións previstas no artigo 57 do EBEP.

  • Ter grao de discapacidade ≥ 33%.

  • Ter cumpridos 16 anos e non exceder da idade de xubilación forzosa.

  • Non ter sido separadas do servizo de administracións públicas.

  • Acreditar o coñecemento de galego (CELGA 2) ou superar unha proba previa.

Presentación de solicitudes

O prazo para presentar solicitudes será de 10 días hábiles a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP.
As solicitudes poderán presentarse:

  • Presencialmente no Rexistro Xeral do Concello.

  • A través da Sede Electrónica municipal.

  • Polas vías previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015.

Xunto coa solicitude deberá achegarse a documentación requirida, incluída a acreditación de discapacidade, nacionalidade, méritos e, no seu caso, necesidades de adaptación.

Publicación de listas e próximas fases

Finalizado o prazo de presentación, publicarase a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas, abríndose un prazo de 2 días hábiles para alegacións.
Posteriormente publicarase a listaxe definitiva e a data das probas, incluíndo a de coñecemento do galego cando proceda.

Toda a información está dispoñible na Sede Electrónica do Concello de Xove.

Comments