Convocatoria pública da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra para unha praza fixa de Responsable Económico-Financeiro
A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra vén de publicar unha convocatoria pública para a contratación, mediante cobertura intra portuaria, dunha praza fixa de Responsable Económico-Financeiro (Grupo II, Banda I, Nivel 8). O posto corresponde a persoal laboral fixo suxeito ao III Convenio Colectivo de Portos do Estado e Autoridades Portuarias.
Características da convocatoria
-
Puesto: Responsable económico-financeiro
-
Grupo/Banda/Nivel: GII – BI – N8
-
Número de prazas: 1
-
Tipo de contrato: Fixo
Requisitos das persoas aspirantes
As persoas interesadas deben cumprir os requisitos recollidos nas bases reguladoras do proceso, en particular pertencer ao persoal laboral fixo en activo dunha Autoridade Portuaria do Sistema Portuario de Titularidade Estatal ou do Organismo Público Puertos del Estado.
Sistema de selección
O procedemento de selección realizarase mediante concurso-oposición.
Bases da convocatoria
As bases completas poden consultarse:
-
No taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra
-
Na súa páxina web oficial (www.apmarin.com)
-
No Punto de Acceso Xeral da Administración (administracion.gob.es)
Prazo de presentación
O prazo para presentar solicitudes será de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
Se o último día do prazo coincidise en sábado ou festivo, este ampliarase ata o seguinte día hábil.




Comments