O Concello de Carballo convoca cinco prazas de Profesor/a no Conservatorio Profesional de Música (CMUS) para 2025
O Concello de Carballo publicou no Boletín Oficial da Provincia da Coruña as bases e convocatorias para cubrir en propiedade mediante persoal laboral fixo a tempo parcial, en réxime de quenda libre, un total de cinco prazas de Profesor/a no Conservatorio Profesional de Música (CMUS) para o ano 2025, incluídas na Oferta de Emprego Público (OEP) do municipio.
As especialidades convocadas son:
-
Trompa (Grupo II ≡ A2) – 1 praza
-
Lingua e Linguaxe Musical (Grupo II ≡ A2) – 1 praza
-
Acordeón (Grupo II ≡ A2) – 1 praza
-
Violonchelo (Grupo II ≡ A2) – 1 praza
-
Viola (Grupo II ≡ A2) – 1 praza
Sistema selectivo e requisitos
O proceso realizaráse mediante concurso-oposición. Os/as aspirantes deberán cumprir os seguintes requisitos:
-
Nacionalidade española ou doutro Estado que permita o acceso ao emprego público.
-
Ter polo menos 16 anos e non superar a idade de xubilación forzosa.
-
Posuír as capacidades físicas e psíquicas necesarias.
-
Non estar inhabilitado/a nin separado/a mediante expediente disciplinario de ningunha Administración Pública.
-
Titulación superior en música ou equivalente na especialidade correspondente.
-
Certificación de nivel CELGA 4 ou equivalente en galego, ou estar en condicións de obtelo ao peche do prazo de solicitudes.
Prazo e presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a partir do día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. As solicitudes presentaranse preferentemente de forma electrónica a través da sede electrónica do Concello (www.sede.carballo.gal) ou polos medios previstos na Lei 39/2015, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Xunto coa solicitude deberá achegarse:
-
DNI ou documento equivalente.
-
Título acreditativo da titulación requirida.
-
Relación de méritos con documentación que os acredite.
-
Declaración responsable de cumprimento dos requisitos.
-
Xustificante do pago da taxa de exame de 24 € (bonificación do 100 % para quen cumpra os requisitos previstos).
-
Documentación para solicitar exencións en competencias dixitais ou lingua galega, se procede.
Máis información
Concello de Carballo www.sede.carballo.gal




Comments