Mugardos abre o prazo para solicitar axudas para a compra de regalos de Nadal 2025
O Concello de Mugardos vén de publicar a convocatoria de axudas destinadas á adquisición de regalos de Nadal 2025 para menores de 13 anos, unha medida dirixida a apoiar ás familias con menos recursos económicos nestas datas especiais. O extracto da convocatoria pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS, Identif.: 869992).
Persoas beneficiarias
Poderán solicitar estas axudas aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:
-
Estar empadroadas no Concello de Mugardos.
-
Ter ao seu cargo fillos ou fillas menores de 13 anos a 6 de xaneiro de 2026.
-
Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior ao 80% do IPREM.
-
Cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007 de Subvencións de Galicia.
Obxecto da axuda
O programa ten como finalidade garantir que os nenos e nenas das familias con menos recursos poidan recibir un agasallo no Nadal. As subvencións concédense en réxime de concorrencia non competitiva e están destinadas á compra de xoguetes, libros, xogos educativos e outro material axeitado á idade dos menores.
Contías
Os importes establécense en función do número de menores de 13 anos da unidade familiar.
Presentación de solicitudes
O prazo de solicitude é de 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no BOP vía BDNS (publicación o 25 de novembro de 2025).
As solicitudes deberán presentarse:
-
No Rexistro Xeral do Concello de Mugardos (luns a venres, de 9:00 a 14:00 h).
-
Ou a través das vías establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común.




Comments