Skip to main content

Convocatoria do CESGA para dúas prazas vinculadas a investigación en computación cuántica

Prazas convocadas

  • 1 investigador/a posdoutoral en tecnoloxías de computación cuántica
    Referencia: HPQC-QEX-25-INV1-TCC.

  • 1 investigador/a en tecnoloxías de computación cuántica
    Referencia: HPQC-QEX-25-INV2-TCC.

Ambas as prazas ofrécense a xornada completa e réxense polo Decreto 12/2024, do 11 de xaneiro.

Requisitos xerais

  • Ser maior de idade.

  • Ter nacionalidade española, ou dalgún Estado membro da UE, ou estar en posesión dun dos supostos que permiten o acceso ao emprego público segundo o artigo 57 do EBEP.

  • Plena capacidade funcional para o desempeño das tarefas correspondentes ao posto.

  • Non atoparse inhabilitado/a para o exercicio de empregos ou cargos públicos, nin ter sido separado/a mediante expediente disciplinario dalgunha Administración.

Prazo de solicitudes

O prazo para presentar solicitudes é de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Máis información

As bases completas poden consultarse:

  • Na sede do Cesga (Avenida de Vigo s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela).

  • Na web de emprego e transparencia do Cesga

  • DOGA

Comments