Skip to main content
entidades

Convocatoria de subvencións municipais para asociacións e entidades sen ánimo de lucro de Cabanas

O Concello de Cabanas publica a convocatoria de subvencións municipais dirixidas a asociacións e entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas e actividades durante o ano 2025. A finalidade é apoiar o tecido asociativo local e fomentar accións culturais, educativas, deportivas e veciñais que contribúan á mellora da vida comunitaria.

Destinatarios/as e requisitos

Poderán solicitar estas axudas as entidades que cumpran os seguintes requisitos:

  • Estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións veciñais de Cabanas ou telo solicitado na data de presentación.

  • Ter sede social no termo municipal de Cabanas e estar legalmente constituídas.

  • Carecer de ánimo de lucro e ter obxectivos de interese veciñal acordes coa finalidade da subvención.

  • Desenvolver as súas actividades dentro do municipio ou relacionadas con temas de interese municipal.

  • Ter actualizados os seus datos no Rexistro municipal e non ter asinado convenio co Concello.

  • Non ter subvencións do Concello pendentes de xustificar.

  • Estar ao día nas obrigas coa Axencia Tributaria, Seguridade Social e Concello.

  • Ter un mínimo de 15 persoas socias na data de presentación.

  • Non estar incursas en causas de incapacidade ou incompatibilidade segundo a lexislación vixente.

Obxecto da convocatoria

As subvencións destínanse a financiar actividades culturais, educativas, deportivas, veciñais e festivas abertas ao público xeral, realizadas durante o exercicio 2023. A axuda municipal non poderá superar o 80 % do custo da actividade subvencionada.

Presentación de solicitudes

As solicitudes deberán presentarse mediante o modelo normalizado no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios previstos na Lei 39/2015. A documentación requirida inclúe estatutos, CIF, certificación bancaria, memoria de actividades, orzamento e declaracións responsables, entre outros anexos indicados nas bases.

Se a documentación está incompleta, concederase un prazo de dez (10) días hábiles para emenda.

Prazo

O prazo de presentación será de 15 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no BOP da Coruña.

Máis información

A convocatoria completa pode consultarse:

  • BOP

  • Na web municipal: www.cabanas.gal

  • No Departamento de Cultura do Concello de Cabanas.

 

Comments