Skip to main content
botrato

O Concello de Ribeira organiza as II Xornadas para o Bo Trato á Infancia e Adolescencia no marco da LOPIVI

O Concello de Ribeira pon en marcha as II Xornadas para o Bo Trato á Infancia e Adolescencia no marco da LOPIVI, que terán lugar os días 11 e 12 de decembro, en horario de mañá, na sala polivalente do Auditorio Novo de Ribeira.

Estas xornadas teñen como obxectivo reforzar a protección dos dereitos de nenas, nenos e adolescentes, así como mellorar a coordinación entre profesionais que traballan diariamente con este colectivo.

Persoas destinatarias
A formación está dirixida a profesionais que traballen directamente coa infancia e adolescencia, especialmente dos ámbitos sanitario, educativo, social, xudicial, de ocio e deportes, así como membros das forzas e corpos de seguridade.

A adxudicación de prazas realizarase por orde rigorosa de inscrición, dando preferencia ás persoas profesionais en activo que se anoten para os dous días e desenvolvan o seu labor no ámbito municipal de Ribeira.

Inscrición
O formulario de inscrición permanecerá aberto ata o 9 de decembro no seguinte enlace:
🔗 https://forms.gle/oTa2uwpG8hMLdJpJA

Máis información
🔗 https://www.ribeira.gal/es/noticias/-/asset_publisher/e68fDEVIe6E7/content/id/633318

Comments