Programa +Emprego Joven da Fundación “la Caixa” ofrece formación gratuíta e orientación laboral en Boiro a mozos e mozas de 16 a 29 anos
A Asociación Amicos, con sede en Comoxo (Boiro), mantén aberto o período de captación para participar no programa +Emprego Joven da Fundación “la Caixa”, dirixido a mozos e mozas de 16 a 29 anos que se poidan inscribir no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
A iniciativa está destinada a persoas en situación de desemprego que non estean estudando no momento da inscrición e que desexen mellorar a súa empregabilidade mediante orientación laboral individualizada e a realización dun Certificado de Profesionalidade totalmente gratuíto.
Ademais, o programa ofrece a posibilidade de solicitar unha bolsa por día de asistencia ao finalizar a formación.
Formacións dispoñibles en Amicos
Entre as persoas interesadas seleccionarase aquela especialidade con maior demanda. As opcións formativas inclúen:
-
SSCS0208 – Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (Nivel 2)
-
ADGG0408 – Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais (Nivel 1)
-
SSCM0108 – Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais (Nivel 1)
-
AGAO0108 – Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría (Nivel 1)
As formacións poden realizarse de maneira presencial, online ou combinada. No caso das modalidades online, os exames serán presenciais nas instalacións de Amicos en Comoxo, ofrecendo apoio aos participantes para facilitar o desprazamento.
Contacto e inscrición
As persoas interesadas poden solicitar máis información ou iniciar o proceso de inscrición a través de:
📞 678 848 035
📧 empregoxoven@amicos.org




Comments