Skip to main content

Meaño abre o proceso selectivo do programa “+ Emprega nos Concellos 2025” para a contratación de dúas persoas tituladas (Arquitecto/a + Educador/a Infantil)

O Concello de Meaño vén de anunciar a apertura do proceso selectivo incluído no programa “+ Emprega nos Concellos 2025”, destinado a financiar contratos formativos dirixidos á adquisición de práctica profesional.

Ao abeiro da Resolución da Alcaldía do 02/12/2025 (núm. 2025-0848), aprobáronse as bases reguladoras para a contratación temporal, mediante concurso, de:

  • 1 persoa titulada en Grao habilitante para o exercicio da profesión de Arquitecto/a Técnico/a.

  • 1 persoa titulada en Maxisterio en Educación Infantil.

O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

As bases completas poden consultarse:

Comments