Skip to main content

A Deputación de Lugo abre unha convocatoria para crear unha listaxe de emprego temporal de Auxiliar de Sala na Rede Museística Provincial

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo aprobou na sesión do 28 de novembro de 2025 a convocatoria conxunta —cota xeral e cota de reserva para persoas con discapacidade— para a creación dunha listaxe de emprego temporal de Auxiliar de Sala, pertencente ao grupo C, subgrupo C2, destinada a cubrir necesidades da Rede Museística Provincial e outras unidades administrativas cando resulte necesario.

A convocatoria, publicada no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP nº 280, de 5 de decembro de 2025), rexerase polas Bases Xerais aprobadas o 31 de outubro de 2025 e polas Bases Específicas agora autorizadas pola Xunta de Goberno.

As persoas interesadas deberán cumprir os requisitos establecidos, entre eles:

  • Estar en posesión do título de Graduado/a en ESO ou equivalente.

  • Acreditar o nivel Celga 4 de lingua galega.

  • Presentar unha única solicitude, indicando a cota pola que optan (xeral ou discapacidade).

O proceso selectivo incluirá probas determinadas polo Tribunal, con posibilidade de presentar alegacións nos prazos establecidos. Ao remate, configurarase unha listaxe única ordenada por puntuación, independentemente da modalidade pola que se participe, salvo nos chamamentos específicos para prazas reservadas a persoas con discapacidade.

As persoas aspirantes poderán presentar recurso de reposición no prazo dun mes ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a publicación da convocatoria no BOP.

A información completa, así como as bases e anuncios, pode consultarse na web da Deputación de Lugo, no apartado Emprego Público - RRHH.

Comments