Skip to main content

O Concello de Lourenzá abre un proceso selectivo para a contratación de persoal ao abeiro do Programa de Reforzo do Emprego 2025

O Concello de Lourenzá vén de aprobar, mediante Resolución da Alcaldía de data 02/12/2025, a convocatoria e as bases reguladoras do proceso selectivo para a contratación de traballadores desempregados en réxime laboral temporal por circunstancias da produción. As contratacións realizaranse ao abeiro do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos en colaboración coa Excma. Deputación Provincial de Lugo, dentro do Programa de Reforzo do Emprego 2025.

As prazas ofertadas son as seguintes:

  • 1 tractorista

  • 1 Oficial/a 1ª de Carpintería

  • 2 peóns/peoas de limpeza

O procedemento de selección realizarase mediante o sistema de concurso-oposición.

As bases da convocatoria poden consultarse:

  • Na páxina web da Deputación de Lugo

  • No sitio web do Concello de Lourenzá: www.concellodelourenza.gal

  • No taboleiro de anuncios municipal

  • Nas Oficinas Municipais, a disposición das persoas interesadas

A convocatoria tramitarase a través da presentación das correspondentes ofertas no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG).

 

BOP LUGO

Comments