O Concello da Baña convoca o I Concurso de Decoración de Nadal das Aldeas
O Concello da Baña vén de publicar as bases do I Concurso de Decoración de Nadal das Aldeas, unha iniciativa destinada a fomentar o espírito navideño, impulsar a creatividade veciñal e poñer en valor as aldeas do municipio mediante a ornamentación dos seus espazos exteriores, públicos ou privados, sempre que sexan visibles desde a vía pública.
A convocatoria, aprobada ao abeiro das competencias municipais en materia de cultura, promoción económica e dinamización do tempo libre, xa está dispoñible para toda a veciñanza interesada.
Quen pode participar
Poderán participar todas as aldeas do termo municipal da Baña, entendidas como agrupacións veciñais sen personalidade xurídica. A representación deberá recaer nunha persoa maior de idade ou, no caso de menores, coa autorización correspondente.
Como participar
Cada aldea deberá:
-
Elaborar unha decoración de Nadal nun espazo público da súa elección.
-
Enviar un vídeo de aproximadamente 2 minutos mostrando toda a decoración.
-
Remitir o vídeo por WhatsApp ao 620 980 631 antes do 19 de decembro de 2025.
-
Presentar o Anexo I no Concello ou por correo electrónico a correo@concellodabana.gal.
A decoración deberá permanecer instalada entre o 19 de decembro de 2025 e o 8 de xaneiro de 2026 e incluir de forma visible o texto “Nadal na Baña”.
Sistema de votación
A elección das aldeas gañadoras realizarase mediante votación pública nas redes sociais oficiais do Concello. Gañará o vídeo que obteña máis interaccións ata o 19 de decembro ás 15:00 h. O Concello poderá descualificar participacións fraudulentas para garantir a transparencia do proceso.
Premios
As tres aldeas máis votadas recibirán:
-
1º premio: lote de produtos de decoración valorado en 300 €
-
2º premio: lote valorado en 200 €
-
3º premio: lote valorado en 100 €
A entrega de premios terá lugar o 5 de xaneiro de 2026, durante a tradicional Cabalgata de Reis.
Dereitos de imaxe e uso dos vídeos
A participación implica a cesión ao Concello dos dereitos de reprodución, comunicación pública e difusión dos vídeos, así como o compromiso de cumprir coa normativa vixente en materia de protección de datos.




Comments