Convocatoria dunha praza de Programador/a no Concello de Ferrol
O Concello de Ferrol convoca un proceso selectivo, mediante oposición por quenda libre, para cubrir unha praza de Programador/a (Grupo A2), encadrada na escala de Administración Especial.
Requisitos e persoas beneficiarias:
-
Titulación de Enxeñería Técnica en Informática, Grao en Informática ou equivalente.
-
Acreditar o nivel de coñecemento de lingua galega CELGA 4 ou equivalente (ou superar a proba correspondente).
-
Cumprir os requisitos xerais de acceso á función pública.
-
Aboar a taxa por dereitos de exame (40,33 €), agás persoas desempregadas de longa duración (mínimo 6 meses).
Prazo de presentación:
20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado (BOE).
Solicitudes:
A presentación realizarase preferentemente a través da Sede Electrónica do Concello de Ferrol. Tamén poderán presentarse polos restantes medios recollidos na Lei 39/2015.
Máis información:
-
BOP da Coruña (Publicación 10 decembro 2025)
-
Web do Concello de Ferrol




Comments