1 monitor/a multidisciplinar de deportes en Sober
O Concello de Sober convoca un proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun monitor ou monitora multidisciplinar de deportes ao abeiro do Plan Deputación 2025.
Requisitos
-
Atoparse en situación de desemprego.
-
Titulación: Técnico/a Superior en Actividades Físicas e Deportivas ou equivalente.
Condicións do posto
-
Duración: 4 meses.
-
Xornada: Parcial (50% da xornada).
Prazo de solicitudes
O prazo de presentación é de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (publicado o 18 de decembro de 2025).
Solicitudes
As instancias presentaranse seguindo os modelos oficiais establecidos nas bases, dispoñibles no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello.
Máis información
-
Sede electrónica: Concello de Sober
-
BOP de Lugo (18/12/2025): Consulta o anuncio oficial




Comments