Skip to main content
transporte escolar

Convocatoria de axudas para o transporte univesitario/FP, curso 2025/2026

O obxecto das presentes bases é regula-las normas que rexerán a concesión de axudas de transporte para alumnos matriculados en centros universitarios ou equivalentes, en ciclos formativos da formación profesional, bacharelato, ou outros cursos de formación ocupacional o profesional que habiliten para o desempeño dunha profesión o oficio, para o vixente curso académico, que efectúa o Concello de Neda, como acción de fomento destinada ás familias con escasos recursos económicos.

Poderán solicitar estas axudas aqueles que reúnan os requisitos establecidos nas presentes bases.

O prazo de presentación das solicitudes é de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Para máis información consultar o seguinte enlace: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/12/18/2025_0000008371.html

Comments