Skip to main content
lectura

Subvencións para actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas (Ler conta moito 2026)

Axudas económicas dirixidas ás entidades locais para o financiamento de actividades de animación á lectura nas bibliotecas ou axencias de lectura municipais integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia.

Requisitos:

  • Beneficiarias: Entidades locais de Galicia titulares de bibliotecas públicas ou axencias de lectura integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia e que estean ao día nas súas obrigas tributarias.

  • Condicións dos centros:

    • Estar integrados na Rede antes do remate do prazo de solicitude.

    • Horario de apertura mínimo de 15 horas semanais.

    • Ter cuberta a estatística de bibliotecas do ano 2024 (agás as de nova creación/reactivación en 2025-26).

    • Ter informatizada a xestión.

  • Actividades: Deben programarse un mínimo de dúas actividades do catálogo Ler conta moito 2026.

  • Execución: As actividades deben realizarse entre a publicación do catálogo e o 31 de outubro de 2026.

Prazos:

  • O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 12 de xaneiro ata o 11 de febreiro de 2026 (ambos incluídos).

Solicitudes:

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

  • Código do procedemento: CT236A.

Máis información:

Comments