Skip to main content
formacion

XIV edición do curso “Redacción e xestión de proxectos europeos”

A asociación Yes Europa – Building Bridges abre a matrícula da XIV edición do curso “Redacción e xestión de proxectos europeos”, dirixido a quen queira formarse como xestor/a de proxectos europeos.

A formación será online, sen horarios e ao teu ritmo, do 26 de xaneiro ao 24 de abril de 2026, cunha duración de 70 horas. Inclúe 3 exercicios obrigatorios e 4 sesións en directo de 1 hora co profesorado.

A matrícula é de 450 €, bonificable ao 100% para empregad@s activ@s do sector privado (agás persoal público) e persoas en ERTE. Hai prezo reducido de 395 € para autónom@s, desempregad@s, estudantes e persoal público ata o 31 de decembro de 2025. A mocidade menor de 30 anos residente en Madrid pode obter o curso gratis co Cheque Formación.

O curso ofrece +30 materiais descargables e certificación FUNDAE ou da escola Yes Europa.

Comments