A Deputación da Coruña convoca 59 bolsas para deportistas de deportes olímpicos e paralímpicos en 2026
A Deputación Provincial da Coruña abriu a convocatoria de subvencións e axudas públicas destinadas a becas para deportistas da provincia que practiquen deportes individuais incluídos nos programas oficiais dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Los Ángeles 2028. A resolución completa, número 60192, de 18 de decembro de 2025, publícase na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS: 878695) e tamén no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
A convocatoria está dirixida a deportistas residentes na provincia da Coruña, divididos en catro grupos de idade:
-
Grupo A (12-17 anos): 20 bolsas de 3.500 €
-
Grupo B (18-23 anos): 20 bolsas de 3.500 €
-
Grupo C (24-32 anos): 15 bolsas de 3.500 €
-
Grupo D (33 anos ou máis): 4 bolsas de 3.500 €
En total, o importe das bolsas ascende a 206.500 €, co obxectivo de apoiar a práctica deportiva, o rendemento e a participación en eventos.
O prazo para presentar solicitudes comeza o 12 de xaneiro de 2026 e remata o 12 de febreiro de 2026 ás 14:00 h, realizándose telematicamente a través da plataforma SUBTEL, dispoñible na sede electrónica da Deputación da Coruña.
Para máis información e acceso á convocatoria completa:




Comments