Convocatoria de 33 bolsas de formación en biblioteconomía 2026-2027
A Consellería de Cultura convoca 33 bolsas remuneradas con 1.010 € mensuais para a formación práctica en diversas bibliotecas públicas de Galicia durante o período 2026-2027.
Requisitos:
-
Titulación: Estar en posesión (ou acreditar o pago das taxas) dalgunha das seguintes titulacións, finalizadas no curso académico 2014/15 ou posterior:
-
Grao en Biblioteconomía e Documentación, Información e Documentación ou Xestión de Información e Documentación Dixital.
-
Grao en Lingua e Literatura (Galega, Española, Estranxeira ou Comparada).
-
Grao en Historia ou Historia da Arte.
-
Grao en Humanidades, Xestión Cultural ou Ciencias da Cultura.
-
Máster oficial en materia de bibliotecas (independente do grao de acceso).
-
-
Experiencia previa: Non ter traballado como técnico bibliotecario máis de 6 meses nin ter gozado destas mesmas bolsas por un período superior a 6 meses.
-
Outros: Non ter emprego remunerado nin outra bolsa activa (incompatible), e estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
Prazos:
-
O prazo de presentación é de un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Solicitudes:
-
A presentación será obrigatoriamente electrónica a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
-
Deberase empregar o formulario normalizado dispoñible no procedemento CT233A.
-
É necesario indicar a orde de preferencia dos centros de destino (Biblioteca de Galicia, B.P. Santiago, Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo ou Ferrol).
Máis información:
-
Publicación oficial: [Consultar o DOG aquí]
-
Procedemento na Sede: [Ir ao procedemento CT233A]
-
Web da Rede de Bibliotecas: https://rbgalicia.xunta.gal




Comments