O Concello de Vilamarín abre o proceso para a elección do/a xuíz/a de paz titular
O Concello de Vilamarín vén de facer pública a convocatoria para a elección do/a xuíz/a de paz titular do municipio, de acordo co establecido nos artigos 101 e 102 da Lei orgánica do poder xudicial.
O proceso está aberto á participación de todas aquelas persoas que cumpran os requisitos legais establecidos. En concreto, poderán presentarse cidadáns e cidadás de nacionalidade española, maiores de idade, que non se atopen incursas en causas de incapacidade ou incompatibilidade recollidas na normativa vixente, agás o exercicio de actividades profesionais ou mercantís.
O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do edicto no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
As persoas interesadas deberán presentar unha instancia dirixida á Alcaldía, achegando a documentación requirida, entre a que se inclúe o DNI ou certificado de nacemento, certificación do Rexistro Central de Penados e Rebeldes, unha declaración complementaria sobre a situación procesual e os xustificantes dos méritos que se desexen alegar.
Con esta convocatoria, o Concello de Vilamarín garante a transparencia e a participación cidadá na elección dunha figura clave para a administración de xustiza no ámbito local.




Comments