Skip to main content
evento Rosalía de Castro

Evento de Rosalía de Castro en Santiago de Compostela

A Deputación da Coruña, a través da Sección de Normalización Lingüística, regula mediante o presente documento a organización da Feira que se desenvolverá os días 21 e 22 de febreiro na praza de Mazarelos de Santiago de Compostela, no marco da celebración do Festival Rosalía 2026.

A persoa física ou xurídica interesada en participar deberá presentar a solicitude de participación nos lugares establecidos no artigo 38 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público, xunto coa seguinte documentación.

O prazo de presentación das solicitudes iniciarase ás 0:00 h do día posterior á publicación do anuncio destas bases no BOP e finalizará 10 días hábiles despois.

Para máis información consultar o seguinte enlace:https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/01/13/2026_0000000082.html

Comments