Subvencións dirixidas a entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos para a mellora da calidade, competitividade e actividades turísticas
O obxecto do programa é establecer as normas para a solicitude, a concesión, a xustificación e o pagamento das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva que conceda a Deputación da Coruña destinadas a financiar as actividades que en materia de calidade, competitividade, organización de eventos e iniciativas turísticas realicen os entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos.
Poderán participar as seguintes entidades, que cumpran os requisitos da base tercera, no momento de presentaren a solicitude.
O prazo de presentación de solicitudes determinarase no extracto da convocatoria, que se publicará no BOP, por conduto da Base de Datos Nacional de Subvencións.
Para máis información consultar o seguinte enlace: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/01/13/2026_0000000093.html




Comments