Convocatoria de axudas para a mellora e innovación dos centros museísticos de Galicia 2026
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca subvencións por valor de 200.000 € destinadas a museos e centros museísticos para financiar actuacións de conservación, investigación, dixitalización e difusión do patrimonio cultural.
Requisitos:
-
Entidades beneficiarias: Poden optar os entes locais e entidades privadas sen fin de lucro de Galicia que sexan titulares de museos, coleccións museográficas ou centros de interpretación.
-
Rexistro: É imprescindible que a entidade estea inscrita no Rexistro Xeral de Centros Museísticos de Galicia.
-
Exclusións: Quedan excluídas as fundacións onde participe a Consellería ou aquelas que xa reciban subvencións nominativas para a mesma finalidade nos orzamentos de 2026.
-
Obrigas: Cumprir co envío de estatísticas ao Servizo de Centros Museísticos e, no caso de entes locais, ter rendido contas ao Consello de Contas.
Plazos:
-
O prazo de presentación é de un mes, contado a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Solicitudes:
-
A presentación debe realizarse obrigatoriamente por medios electrónicos.
-
O trámite realízase a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia co código de procedemento CT110C.
-
A axuda máxima por proxecto será de 8.000 €, sen superar o 80 % do orzamento total da actividade.
Máis información:
-
Procedemento: CT110C
-
Web de consulta: Portal de Museos de Galicia
-
Tramitación: Sede Electrónica da Xunta




Comments