Subvencións a asociacións de concellos de menos de 50000 habitantes
O obxecto da presente convocatoria destinarase á realización de actividades tendentes a dinamizar a participación, estimular a cohesión social, potenciar as condutas cívicas, favorecer a integración, loitar contra o despoboamento rural, así como mellorar a calidade de vida das persoas.
Os destinatarios son entidades sen ánimo de lucro, con domicilio fiscal na provincia da Coruña, ou que acrediten que as actividades obxecto da subvención se realizarán no ámbito territorial desta provincia: Asociacións veciñais de concellos de menos de 50.000 habitantes e asociacións de mulleres.
O prazo de solicitude iniciarase as 08:00 horas do día 16 de xaneiro de 2026, e finalizará ás 14:00 horas do día 16 de febreiro de 2026.
Para máis información consulta o seguinte enlace: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/01/15/2026_0000000091.html




Comments