Bolsa de prácticas en comunicación da Fundación Galicia Europa en Bruxelas
A Fundación Galicia Europa convoca unha bolsa de prácticas na súa oficina de Bruxelas dirixida a persoas tituladas no eido da comunicación que desexen especializarse en asuntos europeos.
Requisitos:
-
Ter a nacionalidade española ou dun país membro da UE.
-
Ser natural de Galicia, fillo/a de galegos/as ou residente na comunidade.
-
Estar en posesión dun título universitario en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou Publicidade e Relacións Públicas.
-
O título debeu obterse nos últimos 7 anos.
Prazos:
-
Fin de prazo de solicitude: Ata o 12 de febreiro de 2026.
-
Incorporación prevista: Marzo de 2026.
-
Duración: 11 meses.
Solicitudes:
-
As solicitudes deben presentarse obrigatoriamente a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
-
O código do procedemento é o PR770M.
Máis información:
-
Dotación económica: 16.500 € brutos, máis gastos de viaxe e cobertura sanitaria.
-
Enlace á convocatoria: Acceder á información completa




Comments