Concurso de disfraces, comparsas e carrozas no Concello de Carballo
Co obxecto de promover no noso municipio unha das festas tradicionais máis importantes e recuperar unha das prácticas populares destas datas, o Concello de Carballo, a través da Concellaría de Cultura, convoca unha nova edición do Concurso de Disfraces, Comparsas e Carrozas de Entroido.
Este concurso celebrarase o domingo día 15 de febreiro de 2026 ás 18.00 h. na Praza do Concello. Todos os participantes formarán parte do desfile que transcorrerá polas rúas próximas á Praza do Concello e rematará nesta Praza.
Poderán participar todas as persoas, agrupacións de persoas físicas ou entidades que se inscriban nos prazos e lugares que se recollen a continuación. No caso de agrupacións de persoas físicas, deberán facer constar a porcentaxe a aplicar no momento do pago do premio ou gratificación. No caso de non especificar o reparto de compromisos entre cada membro, o importe do premio ou gratificación a aplicar a cada un deles, imputaráselle todo ao representante ou representantes a partes iguais.
Para máis información consulta o seguinte enlace: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/01/19/2026_0000000160.html




Comments