Skip to main content
deporte

A Deputación de Ourense convoca axudas para deportistas ourensáns de modalidades individuais na tempada 2024-2025

A Deputación Provincial de Ourense aprobou as bases reguladoras da convocatoria de subvencións destinadas a deportistas ourensáns cualificados en modalidades deportivas individuais correspondentes á tempada 2024-2025 (convocatoria 2026).

O acordo foi adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria do 19 de xaneiro de 2026 e ten como obxectivo fomentar a práctica deportiva e recoñecer a traxectoria e o rendemento deportivo dos deportistas da provincia.

Obxecto da convocatoria

  • Concesión de becas mediante concorrencia competitiva.

  • Dirixidas a deportistas ourensáns de modalidades exclusivamente individuais.

  • Integradas no Plan Estratéxico de Subvencións 2024-2027 da Deputación de Ourense.

Persoas beneficiarias

  • Deportistas federados/as nacidos no ano 2013 ou anteriores.

  • Categorías desde base ata absoluta.

  • Nacionalidade española ou residencia legal en España.

  • Que cumpran algún dos seguintes requisitos:

    • Licenza federativa por club da provincia de Ourense na tempada 2024-2025.

    • Vinculación ao deporte ourensán por inexistencia ou inadecuación de clubs da disciplina.

  • Só se admite unha solicitude por deportista.

Dotación económica

  • Orzamento total: 50.000 euros.

  • Axuda máxima por solicitante: 3.000 euros, segundo méritos e categoría deportiva.

Prazo e presentación de solicitudes

  • Prazo: desde a publicación na Base de Datos Nacional de Subvencións ata o 27 de febreiro de 2026 (23:59 h).

  • Presentación:

    • Persoas físicas: presencial ou electrónica.

    • Persoas xurídicas e entidades sen personalidade xurídica: obrigatoriamente por medios electrónicos.

Criterios de valoración

  • Participación e resultados en:

    • Campionatos galegos, estatais e internacionais.

    • Seleccións galega e española.

    • Centros de alto rendemento e tecnificación.

  • Consideración como deportista de alto nivel ou alto rendemento.

  • Traxectoria deportiva e progresión nas últimas tempadas.

BOP OURENSE

Comments