Skip to main content
entroido

Concurso de disfraces no Concello de Arzúa 2026

Con motivo do Entroido 2026 o Concello de Arzúa organiza un concurso o sábado 7 de febreiro ás 17:00 h. no Multiusos Terra do Queixo de Arzúa. Para fomentar a participación convócase un ano máis o tradicional concurso de disfraces.

Para ver as categorías e os premios facer clic na ligazón inferior.

Para participar é obrigatorio inscribirse previamente no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa ou chamando ao 981500222 desde o día seguinte ao da publicación no BOP do extracto da convocatoria ata o xoves 5 de febreiro, en horario de 8:30 a 14:00h.Tamén se pode presentar solicitude de participación pola Sede Electrónica, mediante modelo de instancia xeral.

Para máis información consulta o seguinte enlace: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/01/23/2026_0000000299.html

Comments