Skip to main content
entroido

Bases do Concurso de Entroido no Concello de Carballo

O obxecto desta convocatoria é promocionar unha das festas tradicionais máis importantes no Concello de Carballo e recuperar unha das prácticas populares destas datas, o Entroido 2026.

Poderán participar todas as persoas, agrupacións de persoas físicas ou entidades que se inscriban nos prazos e lugares que se recollen nas Bases reguladoras do Concurso.

Os prazos para presentar as solicitudes para participar neste concurso serán a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín oficial da provincia da Coruña ata o 11 de febreiro de 2026 no caso de comparsas e carrozas e, ata o domingo 15 de febreiro de 2026 ás 17.00 h, no resto das modalidades.

Para máis información, entre na seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/01/23/2026_0000000294.html

Comments